martes, 21 de junio de 2011

TALLER DE PRENSA.

Taller de prensa eu daríalle unha nota dun 9, porque paréceme unha materia na cal aprendes moitas cousas, que non só te serven para "taller de prensa", te serven para outras asignaturas como: Castelán, Xeografía...e ademáis tamén porque é un traballo en grupo, como por exemplo o da revista e ademáis porque nos prestamos axuda mutua entre todos os compañeros.
Gústame por iso, e ademáis pola profesora que sempre axuda é esta atenta a todo, iso tamén serve para poder levar unha signatura na cal hai que estar en constante traballo máis levadera.
O que menos me gustou da materia é un pouco a desorganización por parte do alumnos, xa que por culpa diso non pudimos publicar máis dunha edición de "O nenos dos carrizos".
O traballo que máis me gustou facer e do que estou realmente orgulloso foi a entrevista da Voz, e a miña reportaxe da revista, anque nesta ultima tivemos que correr bastante, xa que o tempo non nos chegaba e a entrevista de Stabri foi realemente inesperado porque eu pensei de seguro que o organizador de todo iso non me contestaría, xa que, estaría ocupado, estaría facendo cousas máis importantes que responder as miñas preguntas sobre seu "fillo".
O traballo que menos me gustou foi o de "A miña 1º reportaxe", xa que, realemente é un dos ámbitos que máis me custa en taller de prensa.
Eu recomendaríalle esta materia ás persoas que realmente lle guste isto e ademáis o traballo en grupo e que sexa responsable cos traballo, porque taller de prensa é unha asignatura como calquera outra.